Compartir:
0

El viernes 20 de junio a las 23h en Pub La Bolsa. Entrada libre

Pablo Balseiro acompañado de Charlie "o mago" á percusión, embárcanos nunha viaxe musical que mistura ritmos tan variados como rumba, rock dos 80, guateque e ata corridos mexicanos.. Este percorrido musical tradúcese nun repertorio alegre, para acompañar cantando, para bailar, para esquecerse dos problemas e retomar o optimismo por vivir, por celebrar as cousas bonitas da vida.

Este espectáculo , que realizou máis de 120 concertos no ano 2013, estase a consolidar nos circuitos de música en directo de Galiza, garantizando moita festa grazas a un repertorio que dá para moito, no que atopamos versións populares de diferentes estilos e artistas de onte e de hoxe como Kiko Veneno, Joaquin Sabina, Los Chichos, Juan Luis Guerra, Peret, Jose Alfredo Jiménez, Los Delinqüentes, Manu Chao, Extremoduro, Siniestro Total, etc...

Música en directo sen dilacións de ningún tipo, sen condicionamentos estéticos ou de etiquetas…música en estado puro, entendendo ésta como o feito de compartir, de poñer sobre a mesa as millores intencións de pasalo ben.

Publicar un comentario Disqus

 
Top