Compartir:
0

VILAGARCÍA MANTERÁ O VINDEIRO CURSO AS CINCO ESCOLAS UNITARIAS NO MUNICIPIO


Rocío Llovo tivo coñecemento da noticia no ultimo contacto realizado coa Xefatura territorial tras o compromiso adoptado no Pleno

Vilagarcía, 24 de xuño de 2014.- As cinco escolas unitarias existentes en Vilagarcía continuarán funcionando o vindeiro curso escolar. A concelleira de Educación, Rocío Llovo, tivo coñecemento desta noticia no último contacto que mantivo coa xefatura Territorial de Educación para interesarse polo futuro das unitarias, tal como se comprometera no último Pleno.

Segundo lle comunicaron á edil, as cinco escolas unitarias contan coa matriculación mínima esixida para seguir funcionando o vindeiro curso escolar. Llovo fixo público o resultado destas xestións co obxectivo de tranquilizar ás familias que aínda non estabas seguras de se os seus fillos seguirían escolarizados nas unitarias das súas respectivas parroquias, ou se, debido ao peche dalgunha delas, terían que buscar praza para os seus fillos noutros centros educativos.

Polo tanto, as escolas unitarias de Vilar e O Pedroso (Bamio) , Aralde, Guillán e Solobeira continuarán formando aos nenos das zonas do rural.

Publicar un comentario Disqus

 
Top