Compartir:
0

OS ALUMNOS DO AREALONGA VANSE DE "FRUTELLÓN" E FAN DOBRETE NO CONCURSO DE CARTEIS DE BEBIDAS SAUDABLES DO SPAD

A asociación Con Eles obtivo un Premio extraordinario
A exposición dos traballos elaborados polos escolares de 5º de Primaria e da EPO do municipio pódese visitar no Auditorio ata finais de mes (ver axenda na Guía de Vilagarcía)


O Servizo Preventivo e Asistencial de Drogodependencias de Vilagarcía fixo público o fallo do concurso de carteis elaborados no marco dos Obradoiros de Bebidas Saudables desenvolvidos ao longo do curso nos colexios do municipio dentro do Programa de Prevención do uso e abuso de alcohol e outras drogas. O colexio Arealonga foi este ano o gañador por partida dobre xa que concedéronse dous primeiros premios a traballos de alumnos deste centro. Tamén se outorgou un Premio Especial ao cartel deseñado polos usuarios da asociación Con Eles.

Os primeiros premios concedidos ao Arealonga foron para o cartel "O frutellón, en calquera ocasión" firmado polos alumnos Diego González Herrera, Joel Oubiña Castro, Carla Piñeiro Esperón, Cristina Pintos Rey, Loaira Rodríguez Núñez e Calista Taringuente Rodríguez. Os seus compañeiros de centro Nelly Piñeiro Fernández, Noela Piñeiro Treinta, Paula Serantes Miguéns, Pilar Sousa Lorenzo, Nuria Tarrío Villadeamigo e Leire Unanua Gómez comparten este primeiro premio co cartel titulado "Dende o outono ata o verán, non esquezas comer san!!!".

O segundo premio recaiu no cartel "Non ó alcohol. Beber alcohol nesta vida non é unha boa alternativa" debuxado polos alumnos do Anexo A Lomba Ada Barreiro Álvarez, Alejandro Bello Barreiro, Iván Castro Rial, Eloy del Río Bispo, Sheila Duvale Alonso e Ana López Toro.

E o colexio Sagrada Familia levou o terceiro premio polo cartel "Medrando con saúde" que pintaron Carlota Méndez Barros, Nerea Piñeiro Abalo, Amalia Rey Pereira, María Rodríguez Alcalde, Ana Rodríguez Suárez e Anxo Romero Sampedro.

O xurado tamén decidiu conceder un Premio Extraordinario ao cartel deseñado polos usuarios da Asociación Con Eles "Beneficios de las frutas" no que traballaron Nati Blanco Guimarey, Carlos Bello Santos, Geli Gago López, Nito García Baños, Óscar Maneiro César, Isolde Martínez Abalo, Montse Piñeiro Piñeiro, Alex Prego Cardalda, Pablo Romero Pandelo e Dani Vázquez Paulos.

Os 19 carteis que participaron no concurso xa se exhiben na exposición "Prevelacohol cos nenos e nenas" instalada no corredor principal do Auditorio.

Na elaboración dos 19 carteis participaron un total de 100 alumnos/as e 12 mestres/as dos centros Anexo A Lomba, Arealonga, Rubiáns, Sagrada Familia, Vilaxoán e Asociación Con Eles. A entrega dos premios levarase a cabo nun acto público a celebrar o vindeiro 16 de xuño.

Publicar un comentario Disqus

 
Top