Compartir:
0

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Sesión plenaria a celebrar no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 30 de xuño de 2014, ás 17,00 horas.


ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 20 de xuño de 2014.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes maio de 2014.
3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
4. Aprobación inicial, se procede, do expediente de modificación orzamentaria nº 16/TC/2014, para acometida liña de media tensión e dun centro de transformación aéreo para a Canceira Municipal.
5. Aprobación inicial, se procede, de expediente de modificación orzamentaria para expedientes de axuda de emerxencia social municipal e outros.
6. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PSdeG-PSOE para adoptar de maneira inmediata un plan de apoio á alimentación infantil.
7. Aprobación, se procede, a Moción presentada polo grupo político municipal de EU en relación co servizo de comedor durante as vacacións nos centros educativos.
8. Interpelacións.
9. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
10. Respostas ás preguntas formuladas en sesións plenarias anteriores.
11. Rogos e preguntas.
12. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


Vilagarcía de Arousa, 26 de xuño de 2014.

Publicar un comentario Disqus

 
Top