Compartir:
0

O STAND TURÍSTICO DE RIVEIRA RECIBE O INTERESE DOS PRIMEIROS VISITANTES Á FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE DE GALICIA

Promociónanse as festas da Dorna e do Percebe

Se ben a inauguración oficial non está prevista ata as 17.30 horas, as portas do recinto de Silleda xa abriron as portas esta mañá para a celebración da XXXVII Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se prolongará ata este domingo. O stand que o Concello de Riveira dispuxo na parte ao aire libre da área expositiva xa recibiu o interese de moitos visitantes interesados nas dúas festas que se están a promocionar: a XLVI Festa da Dorna (18-24 de xullo) e a XVIII Festa do Percebe de Aguiño (26 e 27 de xullo).

A este respecto, Riveira dispón un stand tipo jaima de 25 metros cadrados que está situado no salón Festur, destinado a poñer en valor aos concellos que contan con algunha celebración de interese Camisetas e bandeiras dorneiras, un artiluxio para o voo sen motor, unha carrilana, réplicas de embarcacións tradicionais e material promocional dos recursos e a nova web turística de Riveira son algúns dos elementos que se poden observar neste espazo.

Cancións de tasca

Un dos momentos no que o noso municipio brilará con luz propia terá lugar o sábado 14 en torno ás 16.30 horas, cando ata a localidade pontevedresa se desprace a peña “Estou que Eskacho” para maravillar á numerosa asistencia que se prevé ese día coas súas “cancións de tasca”, coas súas características letras divertidas e un acompañamemto musical a base de guitarras, acordeón, gaita, pandeiretas, etc...

Publicar un comentario Disqus

 
Top