Compartir:
0
A FUNDACIÓN DE DEPORTES CONVOCA A XI CARREIRA NOCTURNA


Será o día 26, sábado, a partir das 20:30 horas para os máis novos e as 22:30 para os séniors, con novo percorrido

A inscrición xa está aberta a través da web www.championchipnorte.com

Vilagarcía, 17 de xullo de 2014.- A Fundación de Deportes xa ten aberto o prazo de inscrición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía, que este ano acada a súa undécima edición. Será o sábado 26 de xullo, a partir das 20:30 horas para os máis novos e das 22:30 para os maiores. A inscrición para a proba absoluta pode facerse a través da web www.championchipnorte.com e ten custe de 5 euros por participante máis 1 euros por aluguer do chip de control. O resto de participantes das distintas categorías poden inscribirse, de xeito gratuíto, na propia Fundación de Deportes e ata 45 minutos antes da disputa da proba.

Con respecto a outros anos, nesta ocasión, e a petición de moitos dos participantes, o percorrido da proba absoluta presenta lixeiras modificacións, para facelo unha ruta aínda máis urbana. Así, a saída producirase baixo un arco situado na avenida da Mariña para seguir logo por Rivero de Aguilar e as rúas Comercial e Marsopa para seguir por Valle Inclán, García de Caamaño (trala praza de abastos), Castelao, praza de Galicia, Padre Feijóo, Arapiles, Ravella, Ramón y Cajal, Rey Daviña, Núñez Búa, Méndez Núñez, Valentín Viqueira e de novo avenida da Mariña. A proba consistirá en dar tres voltas a este circuíto.

Os 150 primeiros participantes das categorías A, B, C e D –é dicir, os que naceron en 2002 e posteriores) terán medalla; os 3 primeiros clasificados en cada categoría terán trofeo, ao igual que os 3 mellores deportistas locales masculino e feminina.

Na proba absoluta, os primeiros clasificados masculinos e femininos terán 200 euros de premio; os segundos, 150; os terceiros, 100; os cuartos, 60; e os quintos, 50. Os primeiros clasificados locais, masculino e feminino, recibirán 60€, e os segundos, 50.


Publicar un comentario Disqus

 
Top