Compartir:
0

ANIMADO INICIO DAS FESTAS DE VERÁN DE RIVEIRA CON MÚSICA E XOGOS EN
PRAZAS DA CIDADE

Santa Uxía de Riveira, 30 de xullo de 2014.- As Festas de Verán de Riveira arrancaron esta mañá con distintas propostas en prazas da cidade. 
Así, a praza do Concello deu cabida ao longo de toda esta sesión matutina a un conxunto de xogos tanto tradicionais como actuais na actividade denominada Festiriveira, dirixida ao público infantil. 

Paralelamente, a praza da Igrexa acolleu un concerto da banda de música de Santa Cruz de Rivadulla. Isto, despois de que 21 bombas de palenque anunciaran a primeira hora da mañá o comezo da festividade e as dianas e alboradas a cargo dos grupos de gaitas Gandaina e O Pichote de Palmeira.

Pregón e Auryn

Sen embargo, o mellor do día está por vir, co pregón a cargo do triple campión do mundo de parataekwondo Álex Vidal (21.30 horas dende o balcón do Consistorio) e co concerto da banda adolescente Auryn na praza de España (00 horas). En canto a esta última é tal a expectación que hai xente acampada dende a madrugada para ocupar un bo sitio, amén de autobuses con clubs de fans que veñen de Asturias e Castela e León.

Tamén actuará a orquestra Principal (23 horas), nesta caso no paseo do Malecón.

Publicar un comentario Disqus

 
Top