Compartir:
0
A FUNDACIÓN APROBA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS AOS CLUBS DEPORTIVOS DO
MUNICIPIO

O Consello Reitor resolveu onte as peticións das axudas anuais nas que se repartiron preto de 80.000 euros euros entre 23 entidades

Rexeitáronse tres solicitudes por presentarse fóra do prazo establecido nas bases da convocatoria

A lista pode consultarse no taboleiro da web municipal

Vilagarcía de Arousa, 2 de xullo de 2014.- O Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes resolveu na reunión celebrada as subvencións anuais que a entidade concede aos clubs do municipio para o fomento do deporte . En total repartíronse 79.543,20 euros entre 23 entidades desestimándose tres solicitudes por terse presentado fora do prazo establecido nas bases da convocatoria, unha por non achegar toda a documentación e outra por renuncia da propia entidade.

As subvencións concédense conforme aos criterios que figuran nas bases das axudas, e segundo a puntuación obtida. A puntuación e importe das subvencións concedidas aos clubs beneficiarios son as seguintes:

CLUB/ENTIDADE DEPORTIVA PUNTOS IMPORTE
CLUB SAN MARTÍN 113 4.440,90 .-
FORTUNA CLUB DE FÚTBOL 48 1.886,40 .-
AGRUPACIÓN ATLÉTICA MAZÍ 53 2.082,90 .-
CLUB VILAGARCÍA, S.D. 130 5.109,00 .-
ASOCIACIÓN D.C VILAGARCÍA ESGRIMA 11 432,30 .-
C.POLIDEPORTIVO EDUCACIÓN ESPECIAL 47 1.847,10 .-
CLUB OLIMPIC VILAGARCÍA 221 8.685,30 .-
CLUB CICLISTA XIABRE 11 432,30 .-
CLUB DE XADREZ FONTECARMOA 217 8.528,10 .-
BASKET BASE CLUB 196 7.702,80 .-
CLUB BALONCESTO VILAGARCÍA 189 7.427,70 .-
CLUB DEPORTIVO BAMIO 25 982,50 .-
A. D. AROUSA FÚTBOL-7 62 2.436,60 .-
CLUB DEPORTIVO PÉREZ-SUB 12 471,60 .-
CLUB NATACIÓN VILAGARCÍA, S.D. 60 2.358,00 .-
AGRUPACIÓN DEPORTIVA CORTEGADA 174 6.838,20 .-
CLUB BUCEO VILAGARCÍA 12 471,60 .-
CLUB KENPO VILAGARCÍA 137 5.384,10 .-
CLUB DE REMO VILAXOÁN 58 2.279,40 .-
OS INGLESES RUGBY CLUB 93 3.654,90 .-
CLUB ATLÉTICO AROUSANA 48 1.886,40 .-
A. DEPORTIVA E CULTURAL RASPA 11 432,30 .-
ESCOLA DEPORTIVA DE AROUSA, S.D. 96 3.772,80 .-
TOTAL 2.024 PTOS 79.543,20 euros

Os clubs que quedaron fora da convocatoria por non presentar a petición dentro de prazo foron o Club El Doce, o Arosa S.C., e o Club de O Tenis Rial. Tampouco se aprobou por falta de documentación a solicitude do Atlético Faxilde Club de Fútbol nen a do Liceo Casino, por renuncia da propia entidade.

Publicar un comentario Disqus

 
Top