Compartir:
0

LXII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO, 30 XULLO-3 AGOSTO

Programa das festas. Coas actuacións de JUAN MAGÁN, IVÁN FERREIRO, KIKO VENENO, DELAFÉ, LAS FLORES AZULES, CAFÉ QUIJANO, EDURNE, LA M.O.D.A

Mércores 30 de xullo

Alborada a cargo de grupos de gaitas.
13.00h No Paseo da Calzada inauguración da LXII Edición da Festa do Viño Albariño.
13.15h Apertura dos stands de degustación na Calzada.
20.30h Nos Xardíns do Pazo de Torrado teatro infantil “Os tres porquiños” unha obra de teatro musical que ten como destinatarios principais os nen@s de infantil e primeiro ciclo de primaria. Obra financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüísticaen colaboración co Concello de Cambados.
22.30h Na Praza do Concello, ORQUESTRA ESPECTÁCULO ISRAEL y ACIMERA
23.00h Na Praza de Fefiñáns, Concerto do Albariño coa actuación de IVÁN FERREIRO e DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES co patrocinio da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Xoves 31 de xullo

Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. 15€/persoa.
11.30h Na biblioteca Casa dos Fraga, Obradoiro de elaboración de galletas con albariño para nenos. Prazas limitadas, necesaria inscrición previa.
20.30h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.
21.00h Espectáculo de rúa Action Clown na Praza de Alfredo Brañas, dentro do Proxecto Música con D.O., co patrocinio da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
22.30h Na Praza do Concello, actuación das orquestras INTERNACIONAL D´TACÓN e DJ STUDIO 21.
22.30h Na Praza de Fefiñáns, XVII Gala do Albariño onde se fará entrega dos premios nos eidos de Cultura e Artes Plásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xornalismo e Comunicación Social.
23.00h Concerto do Albariño coa actuación dos artistas CAFÉ QUIJANO e EDURNE.
Do 1 ao 9 agosto (de venres a sábado) No I.E.S. Ramón Cabanillas, XXX Open Internacional de Xadrez do Albariño.
Venres 1 de agosto
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11.00h Na Biblioteca Casa dos Fraga, proxección para nenos Unha Biblioteca de cine! (ata completar aforamento)
11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. 15€/persoa
13.00h Actuación da Charanga Os Jaláticos no Paseo da Calzada 
17.00-20.00h Xornadas Técnicas do Albariño no Museo Etnográfico e do Viño, “Homenaxe a Jesús Requena Gómez”.
20.30h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.
22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación das orquestras YUCKATÁN e CAMELOT.
23.00h Concerto do Albariño coa actuación de LA M.O.D.A e KIKO VENENO co patrocinio da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Sábado 2 de agosto

Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11.00h No Parador de Turismo Cata Prima.
13.00h Actuación da Charanga Os Jaláticos no Paseo da Calzada
11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)
12.00h No Salón de Plenos do Concello de Cambados, entrega de premios polo Concurso de Camisetas ás peñas da Festa do Albariño, organizada pola asociación de comerciantes Zona Centro.
13.15h No Pazo de Torrado solemne acto de irmanamento entre o Capítulo Serenísimo do Viño Albariño, oficiado polos máximos representantes das confrarías convidadas.
20.30h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.
22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación das orquestras RÍA DE VIGO E M5.
23.00h Na Praza de Fefiñáns, Concerto do Albariño coa actuación de JUAN MAGÁN.

Domingo 3 de agosto

Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11.00h No Complexo Deportivo do Pombal, XXVIII Campionato de Chave do Albariño.
11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. 15€/ persoa.
11.15h No Parador de Turismo Cata Derradeira.
13.00h No Concello recepción de Autoridades.
13.20h Saída do desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, das Confrarías e das Autoridades cara a Fefiñáns acompañados dos grupos folclóricos de Cambados.
13.45h No Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns Solemne Acto de Investidura das Damas, Cabaleiros do Albariño, no que se fará entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata. Actuará a virtuosa do piano nipona Kawakami, dentro das actividades do ano dual España-Xapón.
14.30h Xantar do Albariño e lectura do Pregón, apertura polo Sr. Notario do sobre que contén os nomes dos viños premiados na LXII Festa do Albariño e actuación dos Danzantes de Cobas e os Carballeiras.
20.00h Na Praza de Fefiñáns O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS co concerto infantil de Petit Pop, co patrocinio da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
22.30h Concerto do Albariño da Banda de Música de Castrelo.
22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación da orquestra NEBRASKA.
24.00h No Peirao de Cambados, Gran Espectáculo Pirotécnico como colofón da LXII Festa do Viño Albariño.

Mércores 6 de agosto
San Xusto e San Pastor

19.00h Misa no monte de Pastora e a continuación procesión.
21.00h No Auditorio da Xuventude, Recital en homenaxe a Ramón Cabanillas a cargo do profesor xaponés Takekazu Asaka do seu libro Cantata a Ramón Cabanillas, acompañado da pianista Rita Nishakawa e a soprano Miho Haga 
San Mamede, Patrón de Corvillón
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
19.00h Misa cantada na Parroquial e a continuación procesión acompañada de gruposde gaitas.
22.00h Verbena no Campo da Festa da Seca.

Publicar un comentario Disqus

 
Top