Compartir:
0

El domingo 28 de septiembre a las 12:30 h en el Auditorio de Vilagarcía. La entrada es libre y gratuita.

Proxecto "Convivencia de música e patrimonio". Os días 26, 27 e 28 de setembro se desprazan ata Cambados un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, todos eles compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinan actividades na natureza como andainas para coñecer o espazo natural, rutas en kaiak, visitas a museos e outros centros de interese da Ría de Arousa, con actividades musicais consistentes en ensaios e na realización dun concerto qofrecido a toda a pobación de Vilagarcía de Arousa de xeito gratuíto.

Esta actividade permitiralles compaxinar a súa afección pola música co coñecemento dunha realidade moi diferente da que lles é cotiá, o que deberá contribuír a reforzar a súa formación integral como individuos, e tamén a unha sensibilización coa natureza e o patrimonio que redundará nunha meirande capacidade na maduración como músicos.

Publicar un comentario Disqus

 
Top