Compartir:
0

Lunes 29 de septiembre a las 17:00h en el Salón de Plenos del Concello

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CONVOCATORIA, ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior celebrada o día 25 de agosto de 2014.
2.- Toma de coñecemento dos decretos da Alcaldía do mes de agosto de 2014.
3.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación cun asunto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
4.- Aprobación, se procede, da Conta Xeral do Concello e do Organismo Autónomo FPSDM correspondente ao exercicio 2013.
5.- Aprobación, se procede, do reaxuste de anualidades da obra Acondicionamento hidráulico do Río Con, coa conseguinte modificación do Anexo de Investimentos 2014, en virtude da segunda adenda ao Convenio de Colaboración asinado con Augas de Galicia.
6.- Modificación de créditos número 30/TC/2014 derivada do reaxuste de anualidades da obra acondicionamento hidráulico do Río do Con na rúa Florida.
7.- Aprobación, se procede, da base de execución nº11 do presente orzamento municipal.
8.-Aprobación inicial, se procede de modificación puntual do PXOM nos terreos de Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. (LARSA).
9. Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual do PXOM, en relación coa vivenda situada na rúa Rosalía de Castro (casa Becerra).
10.-Aprobación, se procede da proposta do grupo de Goberno, sobre a substitución de D. Lino Mouriño Santiago no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
11.-Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, en relación coa modificación do regulamento de servizo urbano de transportes de automóbiles lixeiros.
12.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, en relación coas árbores do Parque da Xunqueira.
13.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre a recepción das estradas PO-548 e N-640 ó seu paso por Vilagarcía de Arousa.
14.-Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, pola defensa da pluralidade e a participación pública e contra a reforma electoral que pretende o PP.
15.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación coa modificación da lexislación electoral sobre a designación de Alcalde.
16.- Aprobación, se procede, de comparecencia do Concelleiro Delegado de Seguridade.
17.-Aprobación, se procede,, de comparecencia da Concelleira Delegada de Cultura.
18.- Interpelacións.
19.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razón de urxencia
20.-Respostas ás preguntas formuladas na sesión plenaria anterior.
21.- Rogos e preguntas.
22.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión

Publicar un comentario Disqus

 
Top