Compartir:
0

Sábado 04 de octubre as 21:00h no Salón García. Entrada 6€

Josito Porto interpretará o papel de Matías Houseman nun monólogo traxicómico dirixido por José Prieto para Teatro do Adro. Josito porá en escena a curiosa e polifacética vida dun home gris que racha coa súa monótona existencia para vivir todo o que soñou vivir.

Matías Houseman chega a ser estrela da música, futbolista de primeira división, monologuista cómico, mafioso, líder espiritual e incluso presidente do goberno, entre outras moitas actividades e profesións polas que vai pasando durante a duración do espectáculo. Matías Houseman quixo vivir mil vidas, pero esqueceuse de vivir a máis importante... a súa.

As entradas para a función custan 6 euros e pódense adquirir de forma anticipada a través da web www.servinova.com ou da billeteira telefónica 902504500. Tamén se poderán comprar o mesmo día da actuación Salón García a partir das 19:00 horas.

Publicar un comentario Disqus

 
Top