CICLISMO ARQUEOLÓXICO EN RIVEIRA


UN CENTENAR DE CICLISTAS VISITARON ALGÚNS DOS LUGARES CON MÁIS
ENCANTO DO MUNICIPIO NA RUTA ARQUEOLÓXICA CONCELLO DE RIVEIRA


Santa Uxía de Riveira, 6 de outubro de 2014.- Un cento de ciclistas tiveron ocasión de disfrutar no soleado día de onte da terceira edición da Ruta Arqueolóxica Concello de Riveira: unha iniciativa promovida polo Departamento de Deportes coa supervisión do Club Ciclista Saltamontes que nos seus 36 quilómetros de percorrido visitou algunhas das paraxes con máis encanto e importancia patromonial do municipio

Tal é o caso do parque periurbano de San Roque e as réplicas de vivendas castrexas alí enclavadas, do petróglifo de Pedra das Cabras, do Castro da Cidá ou do Dolmen de Axeitos.

A marcha estivo controlada en todo momento polo Club Ciclista Saltamontes e contou cun avituallamento líquido e sólido nun punto intermedio do percorrido.


Paradas explicativas


Un dos elementos máis interesantes da experiencia foi que se realizarán breves paradas en puntos de interese, onde o arqueólogo Telmo Pérez explicou as características dos sitios en cuestión.

Subscríbete a Arousa TV por Email

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget