Compartir:
0

XINCANA INFANTIL (25oct)

Sábado 17:30h en Fogar do Pescador Vilaxoán


O próximo 25 de outubro celebrarase a segunda xornada de participación infantil noFogar do pescador de Vilaxoán.

A xornada comezará ás 17:30h e contará con actividades que promoverán a participación dos máis novos na vida comunitaria.
A elaboración dun mural con propostas de mellora para o Concello, unha caixa de correo para comunicar ideas ao Concello, debates sobre os hábitos e suxestións dos nenos e nenas ou o deseño dunha maqueta colaborativa sobre o noso espazo de lecer ideal serán algunhas das propostas para este día.


Esta actividade encóntrase dentro do marco das Cidades Amigas da Infancia que promove o Concello de Vilagarcía a través da Concellaría de Xuventude.


Os nenos e nenas que queiran inscribirse nesta actividade pode facelo na Concellaría de Xuventude desde o luns 20 ata o xoves 23 de 9h a14h ou chamando ao 671 644 619.

Vídeo resumen


Publicar un comentario Disqus

 
Top