Compartir:
0

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25,17nov)

Martes, 20:30h en Praza de Galicia

Podemos Arousa e a Asociación Feminista “O Soño de Lilith” unimonos para vos invitar a participar nos actos que levaremos a cabo esta semana.
No que vai de ano, 7 mulleres foron asasinadas en Galiza, máis de 80 mulleres no Estado Español, mulleres que non están hoxe connosco. Pero isto non son máis que datos, datos que poñen en evidencia que estamos a vivir baixo un sistema estrutural que non protexe ás mulleres. Detrás deses datos, deses números, hai unha historia, unha historia de violencia, de malos tratos, de agresións continuadas que comezan polo propio Estado, incapaz de facer políticas activas e adecuadas para a protección das agresións e asasinatos machistas. Lembramos que a última muller asasinada denunciou ata 20 veces ao seu asasino, chegando a dicir no xuizo: ”Este home vaime a matar”. Esta muller non tivo a atención suficiente para a súa protección por parte das autoridades. Mentres tanto, a ministra de asuntos sociais e igualdade, Ana Mato, mantense en silencio.

O asasinato machista é a manifestación máis visible de violencia de xénero, pero existen moitas outras. A máis difícil de demostrar é a violencia psicolóxica na que a muller vai perdendo a autonomía e independencia da súa propia vida.

Non sabemos cantas mulleres están sendo agora -hoxe- torturadas, maltratadas, violadas, menosprezadas. Mulleres que están a ser vítimas de unha ideoloxía sustentada por un sistema patriarcal que pon ao home por enriba da muller. Esa ideoloxía ten nome: MACHISMO.

Por iso facemos un chamamento á cidadanía para que se sume á nosa denuncia. Temos que nos empoderar e asumir a loita contra a violencia machista como unha responsabilidade común. Non podemos manter un silencio aterrador para as vítimas. O noso silencio é cómplice de asasinato, de torturas, de violación.

Xoves 27 de Novembro:
Proxección de duas curtametraxes sobre a temática da violencia de xénero ás 20:30 h. no Auditorio de Vilagarcia Debate posterior.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top