Compartir:
0

PRENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL (5dic)

Viernes 19:30h, Nadal en Praza de Galicia

Praza de Galicia

O acto estará amenizado con panxoliñas que interpretará o coro a asociación Atril.
Como o ano anterior, ademais das luces contratadas se instalarán outras polos servizos municipais

Os comerciantes da praza de Independencia e das rúas de San Roque e Gumersindo Nartallo tamén colaboran sufragando a súa propia iluminación, cuxa enerxía asume o concello

O Concello contratou coa empresa Iluminaciones Umia a instalación das luces de Nadal. O importe é de 14.000 euros. A empresa deberá ter todo listo para o día 5 de decembro, venres, cando arredor das nove da noite se proceda ao acendido do iluminación decorativa. Como vén sendo habitual, as luces se instalarán nas principais rúas e prazas da cidade, con epicentro na praza de Galicia, onde se situará un gran cono luminoso cunhas dimensións aproximadas de 20 metros de alto por 6 diámetro na súa base. A maior parte das luces serán de tipo led, co que se logrará un notable aforro enerxético.

Ademais das luces contratadas con Umia haberá outras. En concreto, as que esta mesma empresa instalará, por iniciativa dos comerciantes da zona, na praza de Independencia e as rúas de san Roque e (por primeira vez) de Gumersindo Nartallo. Como en ocasións anteriores, o aluguer das luces corre por conta dos comerciantes e o pago da enerxía consumida, polo Concello. Neste sentido, a portavoz do goberno, Rocío Llovo, agradeceu esa colaboración, que debería servir de exemplo, argumentou, para outras zonas comerciais ou hostaleiras da cidade.

Edificios públicos e as fontes de Carril e Vilaxoán
Por outra banda, os servizos municipais de Obras, Xardíns e Electricidade traballarán conxuntamente para decorar con motivos do Nadal algúns elementos característicos da cidade, como a Casa Consistorial e a praza de Ravella, o Auditorio, a Casa da Cultura e, por suposto, a praza de abastos, que contará deste xeito cun aliciente máis para facilitar e promover as compras no mercado de proximidade.

Ademais, tanto a fonte de Carril coma a de Vilaxoán contarán con iluminación especial, así como a Alameda do primeiro e a praza de Rafael Pazos na segunda. A decoración consistirá na combinación de elementos naturais con iluminación artística, para o que os técnicos municipais contarán con elementos propios e outros que cede gratuitamente a empresa Iluminaciones Umia.
Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top