Compartir:
0

POR UN PRECIO JUSTO EN LOS SUMINISTROS (26nov) 

Miércoles 16h y 18:30h, economía en Auditorio 

ADICAE PRESTARÁ ATENCIÓN PRESENCIAL E INDIVIDUALIZADA AOS CONSUMIDORES DE ELECTRICIDADE

A xornada ten como obxectivo explicar aos usuarios os conceptos do recibo da luz para que paguen só polo que necesitan

Posteriormente haberá unha sesión informativa aberta a todos os interesados

A Asociación de Consumidores críticos responsables e solidarios (Adicae) desenvolverá mañá pola tarde no Auditorio unha xornada informativa destinada a aclarar aos usuarios os conceptos do recibo da luz e polos cales pagan. A sesión, aberta a todo o público, comeza ás 18:30 horas e previamente, dende as 16:00 horas ofrecerase asesoramento persoal e individualizado previo concerto de cita a través do teléfono 986 22 66 42 ou do correo electrónico vigo@adicae.net

A atención presencial celebrarase mañá, mércores, 26 de novembro, na Sala de Conferencias do Auditorio, de 16 a 18 horas. Ás 18:30 horas dará comezo no mesmo lugar a charla informativa aberta a todos os interesados.

Os Servizos Sociais do Concello promoven esta actividade no marco das medidas tendentes a axudar ás familias a xestionar dun xeito máis eficaz as súas economías domésticas e a aforrar en todo o que se poida. O recibo de consumo eléctrico, tras a liberalización de prezos é a confusión xerada en torno a ela, é un dos puntos nos que aplicar estas medidas.

CONSUMIDORES DE

http://adicae.net/actividades.html


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top