Compartir:
0

A Asociación PES DE BARRO ofrece cursos de baile e percusión


Todos os luns as 20h no Liceo Casino Curso de Baile Galego

Os martes as 19:30h no Liceo Curso de Danzas do Mundo

Cada mercores as 19:45 e as 21h Curso de Pandeireta e Percusión Tradicional


En palabras de Xose Lois Lucio, membro da asociación, Pes de Barro comezou como unha asociación de danza, ata convertise no que actualmente e: un contenedor cultural, unha mestura de moitas cousas diferentes, moitas ideas diferentes, e moita xente diferente.

Curso de iniciación á pandeireta e percusión tradicional‏‏‎
De 19:45 a 20:45 e de 21:00 a 22:00 h., e tódolos mércores ata o 17 de decembro, na Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa, comeza o curso de iniciación á pandeireta e a percusión tradicional.

Este curso está organizado pola Asociación Pesdebarro e será impartido por Xose Lois Lucio.

Neste curso ofrecese unha primeira toma de contacto cos instrumentos e ritmos tradicionais, e está enfocado a persoas cun nivel baixo de coñecementos previos sobre o tema. Inda que se fará fincapé nas cuestións mais xerais e teóricas, desde o primeiro dia os alumnos poderán executar pezas coa pandeireta, introducíndose nun repertorio musical axeitado ao nivel das aulas.

Neste curso faremos unha introdución aos instrumentos de percusión da cultura popular galega, empezando pola pandeireta, e pasaremos polo pandeiro cadrado, pandeira...

Tamén nos asomaremos a outros instrumentos "pobres" da percusión: tarrañolas, culleres, cunchas, morteiro, botellas de anís... e algúns trebellos máis que poden aparecer pola cociña: se ao golpealos non rompen, pódese facer música...

As interesadas/os en participar neste curso de iniciación a pandeireta e percusión tradicional poden inscribirse, mañan durante o curso mesmo, no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo ao Liceo-Casino o luns ou o martes de 19:30 a 21:00 h.

O curso, terá un custe de 5 euros para socias/os e 8 euros non socias/os.

Cursos de Baile Galego e Danzas do Mundo
BAILE GALEGO

Ensinará as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

Comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para calquera idade, podedes asistir a unha clase e comprobalo por vos mesm@s

Duración: Todos os luns do 1 de setembro ao 29 de xuño no Salón de Actos do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.
Horario: 20:00 a 21:30 horas.
Prezo matrícula por mes: de balde para @s soci@s do Liceo-Casino / 15 euros non socios-as.
Inscrición: secretaria@liceocasino.org / pesdebarro@hotmail.com / tl.: 986501919 - 692646068

DANZAS DO MUNDO
Se fara un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, danzas galegas.

Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalanas, holandesas, xapononesas e moitos outros paises do mundo, ademáis de bailes xogos, etcétera.

O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

Duración: Todos os martes do 2 de setembro ao 30 de xuño no Salón de Actos do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa. Horario: 19:30 a 21 horas.

Prezo matrícula por mes: de balde para @s soci@s do Liceo-Casino / 15 euros non socios-as.
Inscrición: secretaria@liceocasino.org / pesdebarro@hotmail.com / tl.: 986 50 19 19 - 692646068
Aquelas persoas que queiran participar nos dous cursos, e non sexan soci@s do Liceo-Casino, teralle un custe de 25 €.

Subscríbete a Arousa TV por Email


Publicar un comentario Disqus

 
Top