Compartir:
0

COMEZA A EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CONVENIO URBANÍSTICO DOS MARTICES
(LARSA) E DE SUPRESIÓN DUNHA FICHA DO CATÁLOGO (CASA BECERRA)


Vilagarcía, 11 de novembro de 2012.- O Diario Oficial de Galicia publicou onte o anuncio dos acordos adoptados polo pleno da Corporación, o pasado 29 de outubro, con relación á aprobación inicial de sendas modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal: unha, a ordenación detallada dunha parcela industrial sita na rúa dos Martices, que inclúe un convenio urbanístico co Concello, é dicir, o convenio de Larsa. E outra, a supresión da ficha número 22 PHA do catálogo de elementos a conservar, en relación cunha vivenda sita na rúa Rosalía de Castro, isto é a denominada Casa Becerra.

Os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas tanto o convenio de Larsa coma a descatalogación da casa Becerra durante dous meses contados a partir de hoxe, día 11. Polo tanto, o prazo permanecerá aberto ata o 11 de xaneiro de 2015.

Subscríbete a Arousa TV por Email

Publicar un comentario Disqus

 
Top