Compartir:
0

CERÁMICA PARA TODOS (1dic-14ene)

Desde el lunes 1, exposición en Casa Consistorial

OS TRABALLOS DE CERÁMICA REALIZADOS POLO OBRADOIRO DA UNIDADE DE DÍA DO SPA EXPÓÑENSE ESTES DÍAS NO CONCELLO

Figuras, lapiseiros, xoias e ata licoreiras son algunhas das pezas que se amosan dende hoxe e ata o 10 de xaneiro

A recadación das ventas dedicarase ao financiamento do propio obradoiro

O andar principal do Concello acolle dende hoxe una mostra de cerámica organizada pola Unidade de Dia do SPAD. Na mostra pódense atopar pezas de moi diverso estilo, todas elas realizadas polos alumnos do Obradoiro de Cerámica, e que poden dar ideas para algún que outro agasallo navideño. Xoias, figuras, cadros e moitas máis cousas pódense adquirir ata o 10 de xaneiro. A recadación destinarase ao financiamento do propio obradoiro.

As pezas que compoñen a mostra expóñense na zona do mostrados principal do Concello no primeiro andar, en tres vitrinas. O apartado máis numeroso é o de bixutería xa que se exhiben numerosos modelos de pendentes, pulseiras, colgantes, broches e prendedores para o pelo. Todos de cerámica acompañados de elementos de coiro ou aceiro. Tamén se poden adquirir figuras de diversos motivos, xarróns, lapiseiros e ata cadros, así como marcapáxinas e xogos de licoreiras compostos por botella e vasiños.

O obradoiro de cerámica é unha das actividades de deshabituación-reinserción que se desenvolven na Unidade de Día do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias. Na actividade participan 12 pacientes do SPAD que traballan baixo as indicacións dun monitor. O obxectivo da devandita exposición é difundir o traballo e conseguir autofinanciar o mencionado taller, dándoo a coñecer a comunidade municipal aproveitando as datas próximas ao Nadal.
Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top