Compartir:
0

CONCURSO DE CARTEIS DA CABALGATA (ata 12dic)

Nenos de 7 a 11 anos. O premiado será o cartel anunciante e recibira un kit de pintura

Os nenos e nenas interesados en participar no concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2015 poden presentar os seus debuxos nas dependencias do Auditorio ata o día 12 de decembro. Trátase concurso aberto, no que nenos de 7 a 11 anos poderán participar a título individual presentando o seu debuxo directamente.

A convocatoria do concurso infantil de carteis é un dos preparativos nos que xa está a traballar a Concellería de Cultura e a Comisión Organizadora de cara á próxima visita a Vilagarcía das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar.

Calquera neno e neno empadroado en Vilagarcía e con idade comprendida entre os 7 e os 11 anos poderá presentar un ou varios debuxos a título individual. Entre os demais requisitos recollidos nas bases da convocatoria están que os traballos deben presentarse en formato A3 e incluír no deseño o texto "Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 horas". Ademais, no debuxo non poderá figurar a firma do autor, e que os datos persoais débense facer constar no reverso do traballo (nome e apelidos, enderezo e un número de teléfono).

Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre a título individual, posto que non se admitirán debuxos realizados por grupos. Os interesados en participar poden presentar os traballos a partir de xa nas dependencias de Cultura no Auditorios, de martes a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas. O prazo remata o 12 de decembro.

O xurado concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá no cartel anunciante da Cabalgata de Reis 2015. Si así o considerase necesario, a maiores concederase un accésit. O vencedor, ademais de ter a honra de que o seu debuxo protagonice o cartel anunciante da Cabalgata, recibirá como premio un kit de pintura. Cos traballos participantes no concurso organizarase unha exposición.

O CONCURSO DE CARTEIS DA CABALGATA DE REIS BATE A SÚA PROPIA MARCA CON 500 ORIXINAIS PRESENTADOS

O gañador/a darase a coñecer este sábado, coincidindo coa apertura da zona de ocio de Fexdega e da exposición do medio centenar de traballos

Vilagarcía de Arousa, 15 de decembro de 2014.- O concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2015 bateu este ano a súa propia marca, ao rexistrar algo máis de 500 orixinais aportados por alumnos e alumnas, todos con idades comprendidas entre os 7 e os 11 anos, e con carácter individual se ben os colexios Arealonga, A Lomba, Anexo A Lomba, Escardia, Vilaxoán e Rubiáns actuaron como intermediarios.

O xurado reuniuse esta mañá para dilucidar cal era a mellor das propostas e, polo tanto, merecedora de ser a imaxe do cartel. Ante tal cantidade de propostas foi necesario estendelas todas polo chan da sala de conferencias do auditorio, por onde o xurado fixo un peculiar percorrido.

O gañador/a, xa decidido, darase a coñecer este sábado, ás 12,30 horas, no transcurso dun acto no pavillón feiral de Fexdega, onde dende ese día funcionará unha zona de ocio. Os promotores da feira tamén farán un agasallo ao vendedor/a do certame. Dende ese mesmo día, os 500 orixinais permanecerán expostos nas paredes do pavillón feiral.

Cos traballos participantes no concurso organizarase unha exposición.

PD: en correo aparte achegamos dúas fotografías do conxunto de obras presentadas, por se é do voso interese.
Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top