Compartir:
0

DEBATE MOITO POR RECORRER (28nov)

Viernes, debate en Auditorio de Vilagarcía 

Podemos Arousa coorganiza un novo debate de “Moito por Percorrer”. O tema a tratar será o das “Plataformas Cidadás”. Asistirán representantes de plataformas de Somos Maioría,

Marea Atlántica, Ourense en Común e de as Mareas. De O Grove, A Coruña, Ourense e Pontevedra respectivamente.

O debate está dividido en tres puntos enviados no correo electrónico, logo abrirase ao público.

Moitas e moitos son os que se preguntan que é o que vai a acontecer agora en Vilagarcía de Arousa nas próximas municipais, o acontecemento histórico que estamos a vivir vai da man do chamado “empoderamento cidadán”. As plataformas cidadás son claves para moitas persoas e para moitos partidos políticos, que fan cola por poñer as súas militancias a un lado e participar nestas.

Poderíamos dicir que Podemos dende que tomou a decisión de participar nas municipais só a través de plataformas e listas cidadás e non a través do nome ou da “marca” do partido ten que responder a moitas preguntas, asistir a moitas reunións e organizar moitos debates coa xente para definir os seus pasos e as súas decisións a nivel municipal. “O poder está nos círculos” dicía o manifesto o poder está na xente agora toca debater, observar e decidir e ser fieis aos nosos principios. Para iso levamos o debate á rúa e reunimos a gran parte das plataformas que están no punto de mira de cara ás

Acto das plataformas cidadás
O acto terá unha duración aproximada de dúas horas.

Guión do acto
Haberá unha persoa que exerza de moderadora e o debate estará dividido en tres bloques temáticos máis unha rolda aberta de preguntas.

1­Bloques
­1o Bloque­ Contexto político actual: ruptura democrática?
2o Bloque ­ Alternativas políticas: o municipalismo de base, expresión de democracia radical.
3oBloque­ Sinerxias, entendementos e unidade de acción.

2­Preguntas

a) Preguntas formuladas por membros da asemblea :
Con que estrutura? Con que método? Con que medos?
Chega con boas palabras: unidade e empoderamento cidadá ou é preciso definir detalladamente as estructuras e os documentos organizativos?

­Comezastes a facelo ou en que momento credes que estamos?
b) Preguntas abertaseleccións.

Publicar un comentario Disqus

 
Top