Compartir:
0

ENCONTRO SOLIDARIO COA PLANTILLA EN FOLGA DE LANTERO (24nov)

Lúnes 19:30h, en Sala de Plenos do Concello

Facemos un chamamento a todas as organizacións, colectivos e cidadáns de Vilagarcía para que se unan nun encontro que ten como obxectivo tomar contacto coa plantilla de Lantero, que xa leva máis dun mes en folga.

Convidámosvos a vir e a compartir con nós este acto de solidariedade no que os traballadores falarán da súa situación. Aproveitaremos a reunión para facer unha posta en común das problemáticas de todos os convocados, para tomar nota e intentar aunar forzas.

Esa mesma tarde animarase a todas e todos os que asistan á cita a participar a través das súas redes sociais a unha acción de apoio á plantilla usando o hashtag en Twitter #LanteroSomosTodos, que busca dar visibilidade ó conflito, concentrando as mensaxes nunha mesma franxa horaria para facer máis ruido.

Organizado por Esquerda Unida

Ver vídeo de la manifestación

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top