Compartir:
0

ENSEMBLE SINKRO EN CONCIERTO (19nov)

Miércoles 20h, música en el Auditorio


O ENSEMBLE SINKRO AMOSA NUN CONCERTO A APLICACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS Á CREACIÓN MUSICAL

É un concerto organizado polo Conservatorio Municipal e a entrada é de balde

O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía promove o concerto do Ensemble Sinkro que se celebrará  mércores 19 de novembro no Auditorio a partir das 20:00 horas. Esta formación está integrada por compositores e músicos de diversa procedencia, e está especializada na obra de compositores e intérpretes actuais e coa peculiaridade da aplicación das novas tecnoloxías á creación musical. A entrada é de balde.

O Ensemble Sinkro intégrano Roberto Casado (flauta), Puy Asurmendi (clarinete), Estitxu Oraá (violoncello), Jabi Alonso (percusión) e Javier Sagastume (difusión electroacústica). Con esta actuación, a dirección do Conservatorio pretende achegar ao público e afeccionados á música de Vilagarcía, pero especialmente aos seus propios alumnos, outras formas de facer música como complemento á formación que reciben no centro.

O obxectivo fundamental do Ensemble Sinkro é que o traballo realizado por compositores e intérpretes se vexa reflectido en propostas especialmente concibidas para cada concerto. Pretende ser un encontro coa diversidade que ofrece a música do noso tempo, creada e interpretada por músicos comprometidos coas novas correntes artísticas. Trátase dunha formación instrumental que realiza proxectos innovadores prestando especial relevancia á integración de son e imaxe, ao espazo acústico e escénico.

Os concertos do Ensemble Sinkro abarcan un amplo repertorio pertencente a músicas do século XX e XXI, propoñendo unha mestura de obras instrumentais, electroacústica, improvisación, danza, artes plásticas, vídeo e teatro. Así mesmo aborda distintos campos de experimentación musical en numerosos espazos culturais a través do intercambio con artistas e institucións e colaborando con solistas e agrupacións de recoñecido prestixio internacional. Documenta os seus proxectos publicando una colección de CDs co seu propio selo discográfico. Recentemente gravación un monográfico dedicado á música de cámara de Carmelo Bernaola (Sinkro Records, CD05) .

O programa que interpretarán mañá componse das obras dos seguintes compositores:

ELLIOT CARTER (1908-2012) Enchanted Preludes (1988)
frauta e violoncello

FREDERIC RZEWSKI (1938*) To The Earth (1985)
percusión e voz

DANIEL SPRINTZ (1961*) Del otro lado del silencio (2011)
frauta baixa e electrónica
GABRIEL ERKOREKA (1969*) Saturno (1997)
clarinete baixo e violoncello

ABEL PAÚL (1984*) El lugar callado (2011)
frauta, percusión e live vídeo

ELLIOT CARTER (1908-2012), Esprit Rude/Esprit Doux II (1988)
frauta, clarinete e marimba

Actualmente Ensemble Sinkro é grupo residente do Festival Internacional de Música Carmelo Bernaola. Neste ámbito traballa na creación e difusión de novas obras co obxectivo de incorporalas ao repertorio contemporáneo. Ao mesmo tempo proxecta o seu traballo en concertos por Europa, Latinoamérica, EEUU, Asia e África, levados a cabo en ciclos e festivais: Nova Iork (Stony Brook University), Armherst Massachusetts (Bezanson Recital Hall), Seúl (Auditorio - Asian Composers League), Montreal (Maison Culture Ahuntsic), Halifax (Dalhousie Arts Centre) Marruecos (Institutos Cervantes), Milan (Fondazione Scuole Civiche), Berlín (Sala BKA), Friburgo (Salas E-werk e Elisabeth Schneider Stiftung), Madrid (Centro de Arte Reina Sofía), Barcelona (L’Auditori), Valencia (Club Diario Levante), Zaragoza (Auditorio) Sevilla (C.S.M. Manuel Castillo), Pamplona (Cidade da Música), Granada (Centro de Cultura Contemporánea), Mallorca (Fundación ACA) etc.
@ Concello de Vilagarcía

Publicar un comentario Disqus

 
Top