Compartir:
0

UN CENTENAR DE CREADORES PARTICIPAN NO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES NA
EXPOSICIÓN COLECTIVA BARBANTIARTE III


Santa Uxía de Riveira, 23 de novembro de 2014- Preto dun centenar de artistas da comarca participan dende a tarde de onte nunha exposición no Museo Gravado de Artes. O seu nome, BarbantiaRte III, dando continuidade así ás dúas mostras que se celebraron o ano pasado a iniciativa da asociación Barbantia.

O presidente do padroado da Fundación Museo de Artes e alcalde de Riveira, Manuel Ruiz; o vicepresidente Javier Expósito, e Jesús Laíño como presidente de Barbantia, dirixíronse ao numerorísimo público congregado no inmoble, logo dunha performance realizada polo polifacético noiés Serafión Marcos.

Os interviñentes non dubidaron en loar a calidade dos artistas participantes e resaltaron a excelente vicacidade que ten hoxe en día o mundo creativo da comarca. Entre os asistentes, moitas caras coñecidas do tecido cultural e artístico barbanzano, como Manuel Ayaso, Jontxu Argibay, Paco Casal, Delio Sánchez, Xerardo Crusat, Pilar Ageitos, Che Tembra ou Maralla –todos eles participantes na mostra-, así como Antón Riveiro Coello ou Pastor Rodríguez.BarbantiaRte III estará aberta ata o 31 de xaneiro, en horario de martes a sábado de 10.30 a 13.30 e de 16 A 19 horas (festivos de 16.30 a 19.30 horas).

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top