Compartir:
0

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS CON MATERIAL RECICLADO (2dic)

Martes 17:30h, formación en Ceip Piñeiriño

Benqueridas familias:
Temos a ben, polo interese dos nosos nenos/as, convocar unha sesión da Escola de Pais e Nais no salón de actos, e para tratar o seguinte tema:
Matemáticas divertidas con materiais reciclables.

Dita Escola está especialmente dirixida aos pais/nais da nosa Comunidade Educativa, non obstante, aceptamos a visita doutras c. educativas. Estará coordinada por Dna. María Martínez Barcala, nai de alumno e psicóloga clínica.

Dada a importancia do tema, pregamos a súa asistencia, un cordial saúdo,

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top