Compartir:
0

TAITANTOS (29nov)

Sábado 21:30h, teatro en Auditorio Vilagarcía

Precio 12€ en taquilla, 9,60€ en servinova

Divertida comedia que gira entorno al paso del tiempo y cada una de las batallas que lidiamos con él para combatirlo.

Máis que coñecida polos seus traballos cinematográficos, en numerosas series de televisión e polas súas simpáticas intervencións no Club de la Comida e outros programas cómicos, a actriz Nuria González, visita o 29 de novembro Vilagarcía para poñer en escena "Taitantos" unha obra de teatro que aborda con moito humor a situación dunha muller "cuarentona" que loita no día a día da súa vida cotiá contra o paso do tempo. 

A representación será o día 29 de novembro a partir das 21:30 horas no Auditorio. As entradas custan 8 euros (máis custes de xestión na modalidade anticipada) pódense comprar a través de www.servinova.com e do teléfono 902504500. Tamén se poderán adquirir o mesmo día da función, a partir das 19.30 horas na billeteira do Auditorio. Neste último caso o prezo será de 12 euros.

"Taitantos" é una peza escrita por unha muller, dende o punto de vista dunha muller e que interpreta unha muller. A autora da obra é Olga Iglesias Durán e o elenco compóñeno Nuria González sobre o escenario e Isabel Romero de León, como voz en off. A dirección corre da man de Coté Soler.

A profesora de "Física y Química" ou a compañeira de aventuras de "Los Serrano" preséntase sola ante o público para interpretar a Susana, unha muller de corenta e tantos anos, nai separada dunha filla adolescente e bloguera de éxito. A estas dificultades, a protagonista ten que sumar a problemática engadida de verse na situación de ter que atopar unha nova parella e facer fronte as súas propias inseguridades debido á presión social que esixe ás mulleres presentar sempre un aspecto físico xuvenil e perfecto.

A obra versa sobre a batalla perdida por excelencia: a da loita contra o tempo cando desexamos que avance máis rápido, cando queremos que vaia moito máis lento, ou mesmo cando ansiamos que se deteña, aínda a sabendas de que un segundo sempre tarda en pasar un segundo.

Subscríbete a Arousa TV por Email


Publicar un comentario Disqus

 
Top