Compartir:
0

LECTURA DE MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25nov) 

Martes 12h, manifestación en Ravella.

Sábado 12h, campaña en Praza de Galicia.

VILAGARCÍA LANZA UN RETO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS

A campaña "¿Tú que pintas?" Dispárase o sábado 29 cun sorprendente acto na Praza de galicia

O 25N, Día Contra os Malos Tratos, conmemorarase coa lectura pública do Manifesto do Consello Local da Muller a mediodía no Concello

Vilagarcía bótase á rúa mañá a través da Área de Igualdade de Concello e do Consello local da Muller para manifestar a repulsa da sociedade á violencia de xénero e co obxectivo de continuar sensibilizando á poboación sobre a necesidade de loitar contra os malos tratos dende todos os eidos. O 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, celebrarase un acto no Concello e o sábado, 29, a Praza de Galicia será o escenario para o lanzamento dunha sorprendente campaña a través das redes sociais que leva por título "¿Y tú que pintas contra los malos tratos?".

A Área de Igualdade e o Consello local da Muller convocan a todos os vilagarciáns a acudir mañá, martes, ás 12 horas á explanada do Concello para manifestarse en contra da violencia de xénero e contra os maltratadores. O acto consistirá na lectura pública do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e coa interpretación da Danza Escocesa de Beethoven por parte de dous alumnos da Escola Municipal de Música, Mariña González (frauta) e Alberto Lago (piano).

Pero o acto máis novidoso e esperado da celebración deste ano é a campaña nas redes sociais que se porá en marcha o sábado, a partir das 12 horas na Praza de Galicia. Alí están convocados numerosas personaxes públicos e representantes da vida social, política, cultural e económica da cidade, para participar no reto que lanzará o Consello local da Muller baixo o lema de "¿Tú que pintas?
A idea é aproveitar o tirón dos retos e tamén a capacidade de difusión que teñen as redes sociais para sumar milleiros de apoios e traspasar fronteiras. A utilización de diferentes redes sociais ten outro importante obxectivo ademais dos mencionados, e que é o de chegar á poboación xuvenil e á mocidade, os principais usuarios destes medios de comunicación e tamén o colectivo ao que se pretende sensibilizar e educar en materia de prevención de malos tratos debido aos altos índices de violencia de xénero que se detecta neste tramo de idades.

O acto do sábado na Praza de Galicia contará cun espectáculo cunha posta en escena na que intervirá o colectivo Nidya e colaboran Arousa TV, o fotógrafo José Luiz Oubiña e a empresa da pantalla Ledmon, así como de diferentes departamentos do Concello.

A campaña xa se pode consultar a través de facebook baixo o lema ¿Tú que pintas? E do twitter @cmmvilagarcia

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top