Compartir:
0

XINCANA INFANTIL EN BAMIO (25nov)

Sábado 17:00h en Centro Sociocultural de Bamio

O próximo 22 de novembro celebrarase a terceira xornada de participación infantil esta vez no Centro Sociocultural de Bamio.

A xornada comezará ás 17:00h e contará con actividades que promoverán a participación dos máis novos na vida comunitaria.

A elaboración dun mural con propostas de mellora para o Concello, unha caixa de correo para comunicar ideas ao Concello, debates sobre os hábitos e suxestións dos nenos e nenas ou o deseño dunha maqueta colaborativa sobre o noso espazo de lecer ideal serán algunhas das propostas para este día.

Esta actividade encóntrase dentro do marco das Cidades Amigas da Infancia que promove o Concello de Vilagarcía a través da Concellaría de Xuventude.

Os nenos e nenas que queiran inscribirse nesta actividade pode facelo na Concellaría de Xuventude ou no Centro Sociocultural de Bamio.


Vídeo resumen


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top