Compartir:
0

#YTUQUEPINTAS CONTRA LOS MALOS TRATOS? (29nov)

Sábado 12h, solidaridad en Praza de Galicia

Lanzamento da campaña contra a violencia de xénero "¿Y tú que pintas? Organizada polo Consello Local da Muller e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello.

Flashmob Nydia
Flashmob Nydia 2

ASISTEN: Membros do Consello local da Muller, da Corporación Municipal e representantes dos sectores socio económicos, culturais, deportivos e sociais da cidade.

Convidan a todos os vilagarciáns a acudir ao acto co que pretenden chegar a todo o mundo a través do facebook "¿Tú que pintas?" e do twitter @cmmvilagarcia

Trátase da segunda parte da campaña de sensibilización do 25N Día Internacional Contra a Violencia de Xéner
Retarán a políticos, deportistas e xente da cultura que poderán nominar a outras persoas
A Praza de Galicia servirá de escenario da sorprendente posta en escena preparada polo Consello local da Muller e o CIM do Concello para o lanzamento dunha sorprendente campaña contra os malos tratos que leva por título "¿Y tú que pintas?". O Consello invita a todos os vilagarciáns a acudir a este acto xa que aseguran que ademais de divertido e moi vistoso, non deixará a ninguén indiferente. Ademais, a campaña xa está presente dende hai días nas redes sociais co obxecto de achegar a súa mensaxe á poboación xuvenil e á mocidade e para facela chegar a todos os países do mundo.

O acto desenvolverase a partir das 12 horas na Praza de Galicia e a el están convocados numerosos personaxes públicos e representantes da vida social, política, cultural, deportiva e económica da cidade, para participar nun reto moi especial e para realizar as correspondentes nominacións.

O acto do sábado na Praza de Galicia contará cun espectáculo cunha posta en escena na que intervirá o colectivo Nidya e colaboran Arousa TV, o fotógrafo José Luiz Oubiña e a empresa da pantalla Ledmon, así como de diferentes departamentos do Concello.
A idea de lanzar a campaña do 25N deste ano tamén a través das redes sociais pretende aproveitar o tirón dos retos e tamén a capacidade de difusión que teñen estes medios para sumar milleiros de apoios e traspasar fronteiras. A utilización de diferentes redes sociais ten outro importante obxectivo aparte dos mencionados, e que é o de chegar á poboación xuvenil e á mocidade, os principais usuarios destes medios de comunicación e tamén o colectivo ao que se pretende sensibilizar e educar en materia de prevención de malos tratos debido aos altos índices de violencia de xénero que se detecta neste tramo de idades.
Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top