Compartir:
0

CHOCOLATADA DE NADAL Y ACTUACIÓN DEL TRÍO MELODYANS (20dic)

Sábado 18:00h, en Castelao 5. Entrada libre

O trío Melodyans amenizará a Chocolatada de Nadal que o Concello organiza para as Persoas Maiores

O baile con degustación de chocolate quente con rosca será o sábado 20 de decembro a partir das 18:00 horas no salón do Casino

As persoas maiores volverán a ter unha cita propia na programación de Nadal do Concello. Seguindo o que xa é unha tradición, a Área de Persoas Maiores que dirixe Ángeles Rodríguez organiza a tradicional Chocolatada de Nadal que este ano se celebrará o sábado, 20 de decembro, nos salóns do Casino e que, como sempre, inclúe unha sesión de baile. A entrada é libre e de balde para as persoas pertencentes ao colectivo de maiores.

O Sabor a Nadal comezará ás seis da tarde, momento a partir do cal os asistentes poderán degustar unha boa taza de chocolate quentiño acompañada de rosca. O Trío Melodyans será o encargado de amenizar a festa e de poñer a música para o baile.

O Sabor a Nadal é unha das iniciativas de carácter lúdico que promove a Concellería de Traballo e Benestar, da que depende a Área de Persoas Maiores, co obxecto de crear espazos de convivencia no que as persoas de máis idade teñan a oportunidade de interactuar e de pasar os ratos de lecer de xeito que leven unha vida social activa e gratificante. Coa chocolotada de Nadal, preténdese ademais crear un marco no que os maiores poidan confraternizar e celebrar estas datas tan especiais xunto cos seus amigos e coñecidos. Xunto con este tipo de iniciativas, o departamento organiza outras actividades que engaden contidos culturais, como as viaxes e excursións; e aquelas que inciden no seu benestar físico e psíquico como os programas de prevención da dependencia, entre outros.

Publicar un comentario Disqus

 
Top