Compartir:
0

CONCERTO NADAL 2014. ALUMNADO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA (18dic)

Jueves 20h, Nadal en Auditorio de Vilagarcía. Entrada libre

ALUMNADO E PROFESORADO DO CONSERVATORIO OFRECEN ESTE XOVES O SEU TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL

No repertorio mestúranse panxoliñas con cancións tradicionais, música solista e coral

Alumnado e profesorado do Conservatorio de Música ofrecerán este xoves, día 18, no auditorio e a partir das 20:00 horas, o seu tradicional Concerto de Nadal. A estrada e libre e de balde.

No repertorio mestúranse panxoliñas tradicionais como "Noite de Paz" con cancións tan populares como "Unha noite na eira do trigo" ou "El patio de mi casa", pero tamén composicións clásicas de Granados, Bach ou Vivaldi.

Neste concerto que servirá tamén de exhibición das habilidades dos alumnos de distintos niveis haberá igualmente música solista, de grupo e coral. Nalgúns casos, os solistas estarán acompañados ao piano por profesores do propio Conservatorio.

O concerto comezará coa interpretación de "Noite de Paz" polo alumnado de 1º curso e rematará con "A Belén vinde, pastores", polo coro do grao profesional do propio conservatorio.
Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top