Compartir:
0

CURSO DE CONVERSA EN INGLÉS WHAT'S UP (ene-abr)

Lunes 20:30h-22h y jueves 19:30h-21h, curso básico en Auditorio

Miércoles y viernes 19:30h-21:00h, curso medio en Auditorio


BASES DOS CURSOS DE CONVERSA EN INGLÉS

“WHAT¨S UP”

A Concellería de Xuventude pon en marcha a seguinte acción formativa: dous cursos de clases de conversa en inglés: un curso de nivel básico e outro de nivel medio, baixo a denominación “WHAT ´S UP” cun total de 30 horas por curso e coa finalidade de proporcionarlle ao alumno/a un instrumento básico para mellora das súas posibilidades de inserción laboral.

Destácase a importancia dos idiomas para aumentar a apertura de camiños laborais. Na actualidade, as transaccións comerciais en xeral intensifícanse día a día, polo que as empresas españolas demandan un perfil de traballador/a con coñecemento de idiomas especialmente o inglés.

OBXECTIVOS
· Reforzar e ampliar os coñecementos de inglés para desenvolverse en situacións nas que se require manter unha comunicación axeitada.

· Consolidar os coñecementos de inglés
· Perfeccionar a competencia lingüística.
· Coñecer e utilizar correctamente o ritmo nunha conversa
· Adquirir os coñecementos básicos sobre os verbos en inglés e aprender vocabulario útil para o día a día.
· Memorizar as expresións usadas paras falar de pertenzas e cantidades
· Complementar a formación do mozo/a tanto a nivel persoal como a nivel profesional, mellorando as súas posibilidades reais de incorporación ao mundo profesional

CURSO BÁSICO: os luns e xoves, clases de hora e media:12, 15, 19, 22,26, 29 de xaneiro, 2, 5, 9, 12, 23, 26 de febreiro, 2, 5, 9, 12, 16 e 19 de marzo e 9 e 13 de abril

Horario: os luns de 20.30 a 22.00 h Os xoves: de 19.30 a 21.00 h

CURSO MEDIO: mércores e venres de 19.30 a 21.00 h,:
9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de xaneiro 4, 6, 11, 25, 27 de febreiro 4, 6, 11,13, 18 de marzo 8, 10 e 15 de abril

LUGAR DE REALIZACIÓN
Seminarios 1 e 2 do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

DESTINATARIOS
15 mozos e mozas por curso, empadroados en Vilagarcía de 16 a 35 anos.

REQUISITOS MÍNIMOS DOS/AS PARTICIPANTES
Para o curso básico: Certificado ESO, equivalente, acreditación nivel A2 de EOI.
Para o curso medio: Bacharelato, equivalente, acreditación nivel B2 ou superior de EOI

SOLICITUDES E PROCESO DE SELECCIÓN
1. Solicitudes: o/a mozo/a deberá presentar unha única ficha de inscrición facilitada na Concellería de Xuventude ou na web do Concello de Vilagarcía www.vilagarcia.es, acompañada da documentación seguinte:

Fotocopia DNI
Copia da tarxeta de demandante de emprego (de ser o caso)
Copia do título correspondente tal como estipula o apartado de requisitos de acceso aos distintos niveis
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa en horario de 8.30 a 14.30 h. e de 17.00 a 20.00 h de luns a venres e os sábados de 10.00 a 13.00 h
O prazo de presentación das solicitudes será do 18 ao 29 de decembro

O día 7 de xaneiro publicarase a listaxe definitiva de admitidos.
Publicada a listaxe definitiva dos/das admitidos/as confeccionarase unha listaxe de agarda cos/as solicitantes excluídos, que seguirá a orde que resulte da valoración.

En función das baixas que se produzan na actividade os/as solicitantes entrarán no curso seguindo a orde na que figuren na lista.

2.- Criterios de selección
Fíxanse o seguinte criterio: orde de entrada no rexistro da solicitude, contando coa preferencia das persoas desempregadas.

PROGRAMA
· Situacións comunicativas cotiás nun entorno de fala inglesa.
· Tempos verbais e expresións nunha ampla gama de situacións.
· Léxico básico comunicativo.
· Realizar descripcións de accións no presente, pasado e futuro
· Entonación, ritmo e acento.

METODOLOXÍA
O curso será unha combinación de aspectos teóricos e prácticos.

Usaranse os seguintes mecanismos de actuación:
1.- Explicación teórica e posta en práctica
2.- Realización de diferentes exercicios de forma individual, en pequeno e gran grupo.

PLAN DE AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE:
Criterios e procedimientos da avaliación.
a) Asistencia ás clases e grado de participación nas mesmas.
b) Nivel de realización dos diferentes exercicios .
c) Avaliarase a actividade con enquisas individuais.
Para poder obter o Certificado de Aproveitamento é imprescindible ter unha asistencia non inferior a un 80% da totalidade das horas e superar as distintas probas

PROFESOR:
Ian Bar ry:
Profesor de primaria no BED CARYSFORT COLLEGE DUBLÍN
Ex-profesor del C.B.S. LISMORE en IRLANDA.
Ex-profesor do GLENBEG NATIONAL SCHOOL
DUNGARVAN en IRLANDA.
Ex-profesor do Colexio Peñarredonda de A Coruña.
Ex-profesor del CHESTER COLLEGE en Santiago de Compostela.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top