Compartir:
0

MERCADIÑO BENÉFICO  A FAVOR DE CÁRITAS EN VILAXOÁN E ACTUACIÓN DE OS MENIÑOS DO CAMPO (7dic)

Sábado de 11:30 a 21h, solidaridade na Praza de Abastos de Vilaxoán

A recadación será para Cáritas Vilaxoán

O grupo venderá artigos doados pos establecementos colaboradores e paralelamente organizarase unha recollida de alimentos e xoguetes

Vilagarcía de Arousa, 2 de decembro de 2014.- O grupo xuvenil de panxoliñas "Os meniños do Campo" reciben o Nadal amosando a súa solidariedade coas persoas máis necesitadas. Para axudarlles, a formación organiza o domingo, 7 de decembro, na Praza de Abastos de Vilaxoán, un mercadiño benéfico. A xornada estará amenizada con panxoliñas a cargo de "Os Meniños do Campo" e outros grupos locais.

O grupo composto por nenos e nenas de Vilaxoán de diferentes idades levan traballando nesta iniciativa solidaria unhas semanas. Ademais de ensaiar as panxoliñas que interpretarán con voces e pandeiretas, "Os Meniños do Campo" están recollendo os produtos que doan diferentes establecementos da localidade e que se porán á venta e sortearán o domingo. O mercadiño tamén serve de escusa para organizar unha recollida de alimentos non perecedeiros, produtos de hixiene persoal e xoguetes en bo estado. Estas doazóns, así como os cartos recadados no mercadiño, serán entregadas a Cáritas de Vilaxoán que se encargará de distribuílos entre as familias e persoas máis necesitadas da parroquia de San Martín de Sobrán.

O horario do mercadiño será de 11.30 a 21.00 horas.

"Os Meniños do campo" son un grupo de nenos e nenas de Vilaxoán que se xuntaron hai xa catro anos para cantar panxoliñas durante as celebracións do Nadal. Como único acompañamento as súas voces, contan coas pandeiretas que eles mesmos tocan. Dirixidos por Maika, xa teñen participado en outras actividades benéficas e actos solidarios ademais de espallar o espírito navideño por Vilaxoán coas súas interpretacións de panxoliñas en festivais, polas rúas e polos colexios.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top