Compartir:
0

OSCANSDESANROQUE (17ene)

Sábado 20h, documental en Salón García

#OsCansDeSanRoque , o documental sobre San Roque, o patron de Vilagarcía de arousa, e a interesante evolución sobre a celebración das suas festas dende os anos 50-60-70, o orixe da festa da auga.

Documental esta contado por 6 vecinos de Vilagarcia de distintas edades. Duración 60 min.

Dirigido y autofinanciado por Varinia Dóce, vilagarciana estudiante en el  IES Audiovisual de Vigo [EAV]

Suscríbete a Arousa TV por correo

Trailer

"OsCansdeSanRoque" é o título do documental elaborado por unha estudante de audiovisuais de Vilagarcía co obxecto de afondar na historia e tradición das festas coas que a cidade honra ao seu patrón. O traballo estrearase o sábado, 17 de xaneiro, ás 20:00 horas no salón García, e a entrada é libre e de balde.

O documental recolle diversos momentos das festas de agosto na honra de San Roque e intercala entrevistas con varios veciños a cidade que relatan dende datos históricos ata anécdotas e lembranzas destas tradicional celebración. Entre os veciños anónimos, coñecidos festeiros e devotos de San Roque e historiadores que aparecen no documental, aparece Enrique Lago, o estudoso da historia local recentemente falecido.

O traballo debuxa como eran antigamente as festas de san Roque, como o son na actualidade e a evolución das mesmas co paso dos anos. Tamén se fala do comezo da festa da auga, do Combate Naval e, por suposto, do peculiar traslado do Santo ata a capela bailando ao ritmo do pasodobre "Triunfo".

Grazas a "OsCansdeSanRoque" moitos vilagarciáns poderán coñecer a historia do patrón de Vilagarcía, como e por que se lle rende homenaxe e dende cando se conmemoran as tradicionais festas de San Roque.

Publicar un comentario Disqus

 
Top