Compartir:
0

XLI MESA DAS VERBAS (13dic)

Sábado 19:30h, poesía en Castelao 5. Entrada libre.

Moi prezados amigos unha nova edición especial da Mesa das Verbas, onde renderemos unha homenaxe de gratitude a José Luís Villanueva, presidente da Asociación de Parquistas de Carril e Patrón Maior da Confraría Santiago Apóstol de Carril.

Contaremos coa colaboración musical da Coral San Esteban de Redondela. E como sempre soltaremos versos o ar en ambiente de convivencia e de camaradería.

Non nos faltedes o diá 13 de decembro, ás 19:30 h. no Salón de Actos do Liceo Casino na rúa Castelao, 5 de Vilagarcía de Arousa, despediremos o 2014 con ledicia, agardando un novo ano moito mellor para todos, cargado de versos e amizade, a saúde e os cartos que non nos falten, crise adeus, meigas fóra!

Subscríbete a Arousa TV por Email Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top