Compartir:
0

ANGELINA O EL HONOR DE UN BRIGADIER (31ene)

Sábado 20:00h, teatro en Gato de Negro de Carril

CLÁMIDE REPRESENTA UNHA COMEDIA DE JARDIEL PONCELA

A posta en escena corre da man dos integrantes do grupo xuvenil Alfa e terá lugar o sábado no Gato de Negro de Carril

O grupo xuvenil "Alfa" pertence o grupo de teatro Clámide e porá en escena o texto de Enrique Jardiel Poncela "Angelina o el honor de un brigadier".

En ton de comedia, a obra xira en torno ás vicisitudes de Angelina, a moza á que Rodolfo está a piques de pedirlle a súa man, por expreso desexo do pai dela, o brigadier Don Marcial. Abafada pola situación, Angelina fuxe co seu namorado Germán. Tras ser descubertos por Don Marcial, este descobre, tras ferir en duelo a Germán, que este ten tamén unha relación coa nai de Angelina, Dona Marcela. Unha súbita aparición dos fantasmas dos pais de Marcial, confirmándolle que tamén eles foron no seu día infieis, lévao a outorgarlle o perdón á súa esposa.


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top