Compartir:
0

ASAMBLEA ITINERANTE PODEMOS (31ene)

Sábado 11:00h, asamblea en San Roque

Podemos Arousa inicia esta fin de semana as súas“asembleas itinerantes” no centro social de San Roque

● Mañá ás seis da tarde visitamos á asociación de Vilaxoán no Preguntoiro, acto aberto a toda a veciñanza da vila. O venres estaremos en Solobeira e Faxilde.

● Dende o 17 de xaneiro e ata o 21 de febreiro, nos reunimos cos colectivos, partidos e asociacións locais para artellar a nosa estratexia electoral

Podemos Arousa celebra este vindeiro sábado ás 11 da mañá a súa primeira asemblea itinerante. Será no centro social de San Roque, na urbanización do mesmo nome, a carón do Dia das Carolinas. 

Agradecemos a dispoñibilidade da asociación de veciños e invitamos a toda a cidadanía vilagarciá a que se sume á asemblea (aberta a todo o mundo). A partir de agora, Podemos Arousa celebrará (sempre que sexa posible), unha asemblea noutros lugares do municipio para achegarnos á veciñanza e invitala a participar, estando presentes en todos os lugares e parroquias.

Pero o noso contacto cos veciños e veciñas non se limita ás asembleas, senón que estamos a intensificar as reunións con eles para coñecer máis polo miúdo as súas inquietudes e necesidades e colaborar para solucionalas. Mañá mesmo manteremos un novo encontro, nesta ocasión coa asociación de veciños de Vilaxoán. Será ás 18 horas no centro social do Preguntoiro. Tamén neste caso está convidada a asistir e participar toda a cidadanía da vila.

O venres teremos dous encontros simultáneos ás 20 horas, un en Solobeira e outro en Faxilde (Sobrán). No primeiro caso, os colectivos veciñais convidáronnos a percorrer os lugares da parroquia para comprobar de primeira man a situación na que se atopan. En Faxilde a cita será no centro sociocultural e tamén está aberta a todos os veciños e veciñas.

Como foi acordado na asemblea do pasado día 17 de xaneiro, Podemos Arousa iniciou a semana pasada unha xeira de encontros con entidades, colectivos, institucións, asociacións e partidos para artellar a súa estratexia con visos ás vindeiras eleccións municipais. A decisión de se concorrer ou non e como facelo a tomará a asemblea o vindeiro día 21 de febreiro. Consideramos un acto de responsabilidade traballar nunha proposta de profundo coñecemento da realidade que nos rodea, contando con todo o tecido social do municipio e interactuando con él. O resultado deste traballo marcará en boa medida a nosa decisión que, coma todas as que tomamos en asemblea, será pública a través das nosas redes.
Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top