Compartir:
0

CONCERTO EXTRAORDINARIO DO CONSERVATORIO (29ene)

Jueves 20:00h, música en el Auditorio de Vilagarcía. Entrada libre

PROFESORES DO CONSERVATORIO DE MÚSICA OFRECEN O XOVES UN CONCERTO EXTRAORDINARIO NO AUDITORIO

Dous dos docentes formáronse no centro municipal de Vilagarcía e compaginan o ensino cunha intensa actividade musical

A actuación comeza ás 20:00 horas e a entrada é libre e de balde

A programación complementaria do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía comeza este ano 2015 xa no mes de xaneiro e faino cun concerto que ofrecerán o xoves no Auditorio cinco profesores do centro. O concerto comezará ás 20:00 horas e a entrada é libre e de balde como todas as actividades extraescolares que celebra anualmente o Conservatorio coa finalidade de promover a cultura musical e dar a coñecer de forma práctica as ensinanzas que se imparten no centro.

Javier Vila Alonso (piano)¸ Jorge M. Ferreira Bellón (trompeta) Cristian Silva Bóveda, (gaita)¸ Sandra López Villar (percusión) e Antonio Simoes Blanco, (contrabaixo) son os cinco profesores do Conservatorio que intervirán nesta actuación. Con este tipo de concertos o claustro de profesores tamén pretende ofrecer ao alumnado unha vía a maiores coa que implementar a súa formación asistindo a concertos de músicos titulados e cunha importante experiencia no ámbito profesional.

Cómpre salientar que dous dos docentes, en concreto Cristian Silna e Javier Vila, estudiaron en tituláronse no Conservatorio de Vilagarcía, estudos que logo continuaron completando. Ata ir formando un amplo e destacable currículo profesional. Agora, ámbolos dous combinan o exercizo da docencia no Conservatorio no que iniciaron a súa carreira musical cunha intensa actividade sobre os escenarios e colaborando en numerosos proxectos e iniciativas musicais.

Programa
No concerto do xoves os cinco docentes interpretarán a Toot suite, de Claude Bolling; Bachianas Brasileiras no. 5: I., de Aria Heitor Villa-Lobos; The wasp, de Benjamin Britten e Bría, de Pablo Devigo.

Publicar un comentario Disqus

 
Top