Compartir:
0

O GALO MANOLO E A PITA AGAPITA (25ene)

Domingo 18:00h, espectáculo infantil en Fexdega. Entrada libre

Unha gran historia de amor
Duración 1h
Espectáculo incluido dentro de "Os Fexteiros! Domingos de ocio para nenos en Fexdega", del 18 de Enero al 10 de Mayo.

Organizado por la Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Vilagarcía.

RELATO ORAL E ILUSTRACIÓNS EN DIRECTO SON OS INGREDIENTES DO ESPECTÁCULO DOS FEXTEIROS PARA ESTE DOMINGO

O colectivo Polo Correo do Vento agasallará aos nenos e nenas co conto "O Galo Manolo e a Pita Agapita"

Os cativos escoitarán o relato á vez que un ilustrador o representa graficamente nun mural que rematarán coloreando entre todos

Tras o éxito do espectáculo inaugural da semana pasada, o programa Fexteiros da Concellería de Xuventude regresa este domingo ao pavillón de Fexdega para entreter e divertir aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión será cunha actividade que combina a técnica do contaconto oral coa ilustración en directo que correrá da man do colectivo Polo Correo do Vento.

"O Galo Manolo e a Pita Agapita" é o título da historia que O relator Enrique Mauricio contará aos nenos, á vez que Carlos Taboada irá ilustrando a historia nun panel de grandes dimensións que o público asistente contribuirá a colorear ao final do espectáculo. 

"Rolda de prensa" e obradoiro de ilustración
Unha vez rematado o conto, os cativos protagonizarán unha "rolda de prensa" guiada polos autores mediante a cal interaccionarán co conto e o debuxo. E despois participarán nun obradoiro de ilustración no que cada nenos poderá debuxar un dos personaxes do conto.

A segunda actividade dos Fexteiros celebrarase no recibidor de Fexdega o domingo a partir das seis da tarde. A entrada é libre e de balde.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top