Compartir:
0

ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO

Sesión plenaria extraordinaria a celebrar no Salón de Sesións da Casa do Concello, o mércores 21 de xaneiro de 2015, ás 12,00 horas, ao abeiro do disposto no Art. 46a) da Lei 7/85, de 2 de abril (LRBRL).

ORDE DO DÍA

1.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.

2.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal de EU en relación co conflito colectivo da Empresa LANTERO.

3.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal de EU sobre dotación dunha nova depuradora ou mecanismos de depuración.

4.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal do BNG de apoio ás persoas que reciben pensións de estados estranxeiros.

5.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal do BNG sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega.

6.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

7.- Rogos e preguntas.

8.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


Vilagarcía de Arousa, 15 de xaneiro de 2015.

O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,

Tomás Javier Fole Díaz Rosa Losada Suárez

Publicar un comentario Disqus

 
Top