Compartir:
0

ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

C O N V O C A T O R I A

Sesión plenaria a celebrar no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 26 de xaneiro de 2015, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores, de datas 1 e 26 de decembro de 2014.

2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos nos meses de novembro e decembro de 2014.

3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.

4. Adopción de acordos en relación con reclamacións presentadas polo grupo político municipal de EU así como polos delegados de persoal do Sindicato UGT contra a aprobación definitiva do Orzamento Municipal para o exercicio 2015.

5. Aprobación, se procede, da adhesión deste Concello ao Fondo de Financiación a Entidades Locais (RDL 17/2014 de 26 de decembro) e en consecuencia desistir da refinanciación do préstamo para pago a provedores.

6. Aprobación inicial, se procede, de expediente de modificación orzamentaria nº 01/TC/2015 entre aplicacións orzamentarias pertencentes a distinta área de gasto.

7. Aprobación, se procede, da proposta de anulación de liquidacións por prescrición.

8. Aprobación, se procede, da declaración institucional presentada polo grupo político municipal de EU sobre a prestación do servizo postal universal.

9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para realizar actividades que promovan o coñecemento da obra e do compromiso de Rosalía de Castro, a comezar pola súa defensa do galego.

10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE polo mantemento da calidade do servizo do Hospital do Salnés.

11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre intervención integral en Vista Alegre-Castro Alobre.

12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coa eliminación de especies invasoras na biodiversidade natural: acacia negra, eucalipto e plumacho arxentino.

13. Interpelacións.

14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

15. Rogos e preguntas.

16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Vilagarcía de Arousa, 22 de xaneiro de 2015

O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,


Tomás Javier Fole Díaz Rosa Losada Suárez

Publicar un comentario Disqus

 
Top