Compartir:
0

CURSO INTENSIVO DE LINDY HOP (1mar)

Domingo 11:00h, danza en Castelao 5

Aberto o prazo de inscrición para o "INTENSIVO DE LINDY HOP" que a Asoc. Pésdebarro
impartirá no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa

A asociación Pésdebarro realiza un Intensivo de Lindy Hop para o domingo, 1 de marzo no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.

Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, nin vir con parella, tampouco preparación ou adestramento; son ideais para cultivar e aprender coas amizades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos.

Os profesores, Elena e Jorge, de Swing On School, veñen dende Vigo a impartir un obradoiro intensivo de iniciación ao Lindy Hop, o baile de moda na cidade olívica e en boa parte de mundo.

Afincados en Vigo, esta parella de apaixonados polo swing aprendeu o baile máis frenético dos anos 30 mentres vivían en Portugal. No país veciño os que practican habitualmente este baile cóntanse por centenas. Dende Oporto trouxeron a afección por este baile á Pontevedra e outros puntos de Galicia.

No intensivo do próximo domingo 1 de marzo, dividido en dúas sesións de 3 horas (de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h), a intención dos profesores é que a xente comece a sentir a chamada ao baile que produce a música swing da era das Big Bands, e que os asistentes dean os seus primeiros pasos ao ritmo dos mellores temas de Louis Armstrong, Ella Fitzgerald ou Louis Prima.

Un total de 6 horas de clases dirixidas a persoas que nunca tiveron contacto co Lindy Hop, no que se traballarán aspectos como o ritmo da música swing, conexión coa parella, ritmos de 6 e 8 tempos, pasos básicos, etc.

Unha oportunidade única de probar en primeira persoa un baile que está creando furor arredor de todo o mundo!

O prezo de matrícula é de 15 euros para as persoas socias e de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro ata o 20 de febreiro, a partir desa data ata o 1 de marzo o custe será de 20 € para soci@s e 25 € para non soci@s.

As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 692646068 ou no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com .

E as prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!!

LINDY HOP

O Lindy Hop é un estilo de baile popularizado en Nova Iorque por bailaríns afro-americáns nunha sala de baile chamada Savoy Ballroom.

A mediados da década de 1920 os bailaríns do Savoy bailaban o estilo Charlestón, incorporando elementos de outros estilos como o «Texas Tommy», o «Black Bottom» e o «Cakewalk». O Lindy Hop naceu cando estes bailaríns empezaron a incorporar posicións abertas intercalándoas coas tradicionais posicións cerradas. Esta apertura de posición é o que se coñece como «Whip» o «Swing Out».

O nome «Lindy Hop» xurdiu en 1927 no Savoy Ballroom durante un concurso de baile en conmemoración ao famoso voo de Charles Lindbergh a través do Océano Atlántico. Lindy sería o diminutivo de Lindbergh e hop (salto, en Inglés), faría referencia ao "salto" dunha costa a outra do Océano.

O Lindy Hop extendeuse por todos os EE.UU., a edición da revista Life do 23 de agosto de 1943, declaraba o Lindy Hop como "baile nacional". Có tempo, o Lindy Hop evolucionou nunha variedade de estilos de swing, como West Coast, Jive, Boogie Woogie, Balboa, Wendy...

Técnicamente, ten un paso básico de 8 tempos e definese a partir do seu patrón básico de «swing out» ou «whip». Nestes patróns básicos, a estrutura de baile ten forma rectangular e alargada e os bailaríns xiran simultaneamente sobre un eixo central. Este eixo tende a permanecer no mesmo sitio en lugar de moverse sobre a pista.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top