Fotografía en O Gato Negro de Carril
A MOSTRA HOMENAXE Á ROSITA RAÑÓ AMPLÍASE CON IMAXES DE CARRIL PARA EXPOÑERSE NO GATO NEGRO
A exposición inaugúrase o domingo, 8 de febreiro, ás 12:30 horas e poderá visitarse ata o 8 de marzo
A exposición fotográfica Homenaxe a Rosa Bueno chega esta fin de semana a Carril, localidade da familia Rañó. Para unha ocasión tan especial, os seus fillos, organizadores da mostra "Unha nai na fotografía" modificarán o contido da mesma co obxecto de incluír máis imaxes tomadas pola homenaxeada en Carril. A mostra poderase visitar dende o domingo, 8 de febreiro ata o 8 de marzo nos salóns do Gato Negro de Carril.
Rosita "Rañó" é unha das primeiras mulleres que se dedicou profesionalmente á fotografía en Galicia e en Vilagarcía, labor á que lle adicou toda a súa vida laboral.
Despois da súa estrea en Vilagarcía, a mostra chega agora a Carril localidade da familia Rañó, polo que un dos bloques da exposición, o relativo a imaxes sobre Vilagarcía, cambiarase por outras de Carril.
A mostra componse de algo máis de 100 fotos que abarcan a década comprendida entre principios dos anos 70 e principios dos 80. Son imaxes, todas elas, tomadas por Rosita ao longo desa etapa e nas que predominan os traballos en cor, fronte o branco e negro, xa que foi nese tempo canso a fotografía en cor empezou a introducirse en España e foi todo un furor.
Suscríbete a Arousa TV por correo