Compartir:
0

XINCANA INFANTIL EN CEA (28feb)

Sábado 17:30h, en Casa de Cultura e Cea

Trátase dunha actividade libre e de balde aínda que se recomenda aos interesados que se inscriban previamente a efectos de organizar os grupos dos obradoiros de manualidades.

A Concellería de Xuventude iniciou o pasado outono un programa de animación para nenos e nenas que se desenvolve de xeito itinerante entre as diversas parroquias do municipio. O Principal obxectivo das actividades que se desenvolven nestas xincanas é o de fomentar a participación dos nenos e nenas na vida social da súa comunidade e explicarlles de xeito ameno como poden facelo e a través de que vías; todo isto mediante xogos e obradoiros de manualidades.

A Concellería que dirixe Sandra García organiza este programa a través das Cidades Amigas da Infancia, colectivo do que forma parte o Concello de Vilagarcía. A primeira destas actividades celebrouse en verán no Parque Miguel Hernández e foi todo un éxito tanto de asistencia como en canto ao grao de satisfacción dos nenos e tamén á valoración dos monitores sobre os resultados acadados.

Tras isto, a Concellería decidiu facilitar o acceso de todos os nenos do municipio a este tipo de actividades, achegándoas as súas zonas de residencia. Por iso o programa vai rotando entre os numerosos centros socio culturais municipais das parroquias.

Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top