Compartir:
0

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE JOSÉ LUIZ OUBIÑA (1-31mar)

Domingo, 17h en A Baldosa

VILAGARCÍA ABRE A PROGRAMACIÓN DA CAMELIA CUNHA EXPOSICIÓN
FOTOGRÁFICA DE JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O fotógrafo amosa unha colección de imaxes tomadas á flor máis característica das Rías Baixas

O Concello de Vilagarcía acolle este ano o Concurso Exposición Internacional da Camelia, un evento que terá o seu punto álxido a fin de semana do 14 e 15 de marzo pero que ten xa o domingo un bo aperitivo. Trátase da exposición fotográfica que José Luiz Oubiña inaugura o domingo, 1 de marzo, na gastro taberna Churruca, en A Baldosa, e coa que se abre o programa que a Concellería de Cultura deseñou para celebrar o evento que organizan alternativamente o Concello de Vilagarcía, o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

O coñecido fotógrafo arousán colgará no local varias fotografías de camelias, para amosar con diversos planos, enfoques e puntos de vista, a fermosura, delicadeza e voluptuosidade da flor características das Rías Baixas, así como a súa constante presenza nas nosas rúas, xardíns ou pazos.

A mostra poderase visitar ata o 31 de marzo.


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top