Compartir:
0

A FESTA DOS MAIOS PLANTA CARA AO MAL TEMPO TRASLADANDO A ACTIVIDADE Á PRAZA DA PEIXERÍA

Mantéñense os horarios da edición más concorrida dos últimos anos con 16 grupos que presentarán 39 composicións florais

As choivas que se esperan para a xornada de mañá, 1 de Maio, non impedirán que Vilagarcía celebre a tradicional Festa dos Maios. Para que os veciños poidan gozar desta popular cita anual, tanto a exposición dos maios como as actuacións musicais trasladaranse á Praza da Peixería, que se encherá de colorido vexetal coas 39 composicións florais que están inscritas este ano.

A exposición dos maios abrirase ás 12 horas, aínda que os participantes deberán presentar as súas composicións florais antes das 11:30 horas, a efectos de poder organizar a exhibición na Praza da Peixería. As actuacións comezarán a mediodía, aínda que os maios deberán permanecer expostos ata as 20:30 horas a efectos de que o maior número posible de persoas poida admiralos

Os maios máis numerosos volven a ser este ano os máis vistosos: os artísticos, que chegan a 12; e o tradicional maio cónico, dos que se poderán admirar 11. Nas demais modalidades preséntanse 9 caixas, 5 cruces de maio e 2 barcos.
Os participantes máis numerosos na edición deste ano entre os 16 grupos inscritos corresponden a ANPAS de colexios e escolas do municipio, aínda que tamén participan colectivos sociais, centros de persoais maiores, asociacións culturais e tamén algún grupo particular.

Dado que a Festa dos Maios non ten en Vilagarcía carácter competitivo, a Concellería de Cultura agasallará a todos os participantes con roscas e cunha axuda económica cuxa suma dependerá da categoría do maio, número de integrantes do grupo e de si presentan ou no coplillas. O obxectivo destas compensacións son incentivar a participación para contribuír a conservar esta antiga tradición galega, tanto a relativa á elaboración das composicións florais como á costume de acompañalas con coplillas cómicas ou satíricas.

Publicar un comentario Disqus

 
Top