Compartir:
0

VI Festival de Música e Movemento da Escola Bernardo del Río

Os alumnos de música e movemento agasallan aos seus pais con sintonías dos
debuxos animados da súa infancia

Os temas da Abella Maya, Os Fruittis, Willy Fog ou Un Globo, dos globos, tres globos soaron no festival fin de curso

Un grupo de pais fixo coros e acompañamentos musicais

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía rendeu este ano un entrañable homenaxe aos pais, nais, avós e avoas dos alumnos máis pequenos do centro a través do tradicional Festival de Música e Movemento que os máis novos celebranon como remate do curso. O espectáculo foi como unha viaxe no tempo para deleitar aos proxenitores con sintonías dos debuxos animados e programas infantís das décadas dos 70 e 80 do século pasado.

Os alumnos de 4 a 7 anos do centro bernardo del Río tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos debuxos e programas que divertían aos seus pais cando eran cativos a través dos ensaios para o Festival. Con temas como os da Abella Maya, Os Pitufos, Willy Fog ou Os Fruitis, os pequenos permitirán aos pais regresar uns minutos a súa infancia e aos seus avós á súa mocidade. Tamén se poderán escoitar sintonías como a do programa "Un globo, dos globos tres globos" e mesmo a da serie animada "Érase unha vez o home".

O deste ano foi o VI Festival de Música e Movemento da Escola Bernardo del Río.

Os alumnos recibiron a sorpresa da colaboración dun grupo de pais que inserviron no espectáculo interpretando tres temas máis emblemáticos da súa infancia.

Publicar un comentario Disqus

 
Top