Compartir:
0

O CONCELLO CONVOCA OS CONCURSOS PARA CONTRATAR A 13 SOCORRISTAS E UN INFORMADOR TURÍSTICO

Os candidatos que cumpran o perfil serán seleccionados polo servizo Público de Emprego de entre os desempregados inscritos nas súas listas.

As bases que rexen as seleccións pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal.

Vilagarcía de Arousa, 11 de xuño de 2015.- O Concello de Vilagarcía iniciou os procesos de selección para a contratación de 13 socorristas acuáticos e un informador turístico para a temporada de verán. A oferta xa se remitiu ao Servizo Público de Emprego a efectos de que convoquen aos candidatos que cumpren os perfís demandados de entre as persoas desempregadas apuntadas nas súas listas. A selección realizarase nos vindeiros días a través da modalidade de concurso oposición en émbolos dous casos.

Os 13 socorristas acuáticos contrataranse a través do programa de Cooperación 2015 da Xunta de Galicia e co obxectivo de prestar os seus servizos nas praias do municipio durante a temporada de verán. Entre os requisitos que deben cumprir os aspirantes están ser maior de 16 anos, contar coa titulación específica, posuír a capacidade funcionar para o desempeño das tarefas requiridas.

Para a selección, na fase de concurso valoraranse aspectos como contar con títulos como o de patrón de embarcación de recreo ou de navegación básica, ter formación especializada no uso de desfibrilador ou ser técnico de transporte sanitario.
Na fase de oposición, os aspirantes someteranse a un exame tipo test sobre salvamento acuático e a unha proba de lingua galega. As probas físicas que deberán realizar inclúen varios exercizos para avaliar a súa destreza nas labores a realizar.

A contratación do informador turístico financiarase a través da subvención concedida pola Axencia de Turismo de Galicia para os municipios declarados de interese turístico e terá unha duración de catro meses. Para poder presentarse á selección deberá contarse coa titulación específica entre outros requisitos establecidos nas bases. O proceso será tamén polo sistema de concurso oposición, valorándose no primeiro apartado aspectos como os cursos de formación relacionados coas funcións da convocatoria, a situación socio familiar a antigüidade no paro, o coñecemento da lingua galega e de idiomas estranxeiros.
A fase de oposición consistirá na realización dun exame tipo tests e dunha entrevista persoal.

As bases completas das convocatorias pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es.

Publicar un comentario Disqus

 
Top