Compartir:
0

AS XOGADORAS DO ATLÉTICO AROUSANA SERÁN AS PREGOEIRAS DE SAN ROQUE 2015

O equipo de fútbol feminino gañou este ano a Liga, a Copa Federación Galega e a Copa Deputación de Pontevedra

É o segundo homenaxe do Concello, trala recepción do pasado 9 de xullo

O pregón das festas patronais de San Roque será este ano en clave local, femenina e ata colectivo. Serás as xogadoras do Atlético Arousana quen teñan a honra de abrir a semana festiva o venres 14, a partir das 20,00 horas, dende o balcón da Casa Consistorial, non se sabe aínda se con carácter coral ou ben a través dunha portavoz. En todo caso, será outra homenaxe a un club e a un plantel que este ano conseguiu gañar a súa liga, ascendendo á Segunda División Nacional, ademáis das copas Federación de Primeira Autonómica e a da Deputación de Pontevedra. Por este motivo, o club xa fora recibido polo alcalde, Alberto Varela, e o presidente da Fundación de Deportes, Miro Serén.

A proposta de ser pregoeiras foi recibida con entusiasmo polas xogadoras, que xa están traballando no texto. Logo do pregón, diversos grupos da cidade participarán no desfile e posterior ofrenda ao patrón diante da igrexa parroquial.

Publicar un comentario Disqus

 
Top